El Méndez consigue que su historia siga viva, hoy interesa

20140121134443198-1 scale (1) scale

-O investigador lucense e profesor da Universidade da Coruña Xulio Pardo de Neyra afirmaba o 17 de novembro na edición de Lugo de La Voz de Galicia que de xeito erróneo estivérase afirmando durante anos que a primeira Asemblea Nacionalista, o 18 de novembro de 1918, fora no Hotel Méndez Núñez, cando en realidade se desenvolvera no antigo cine Lugo Salón, un edificio derrubado en Bispo Aguirre (solar que hoxe está ocupado pola pastelería Santos e anteriormente pola Vidriería Lara).

O colectivo Cultura do País acaba de confirmar a citada tese de Neyra pero matiza que no Méndez si houbo algo máis que un simple aloxamento dos participantes no cónclave, entre eles figuras como Castelao, Risco, Vilar Ponte, Cabanillas, Antón Losada, Blanco Torres ou Otero Pedrayo. Aportan como documentación os artigos publicados na prensa da época, como os de La Idea Moderna: diario democrático en Lugo, que os días 18 e 19 de novembro de 1918 narraba que os traballos e debates da asamblea celebráronse no Lugo Salón, pero no Méndez houbo unha cea e festa de clausura da reunión nacionalista.

Neste «lunch» -como define o xornal da época- de fin de asamblea, onde hai discursos de clausura, participa o coro lucense Cantigas e Aturuxos e remata coa interpretación do Himno a Galicia, «que era como se denominaba ao himno galego na época», sinalan desde Cultura do País. Con estes datos, o colectivo cultural afirma que «ten lóxica continuar co Méndez como referente (concretamente o que hoxe é a tenda de Stradivarius) tendo en conta que aínda que o vello Méndez non existe, ten máis referencialidade que o extinto e xa esquecido Lugo Salón».

Desde o colectivo cultural e nacionalista lucense sinalan que é sorprendente, «como afirma Pardo de Neyra, que non se tivera en conta esta documentación fundalemtal para a historia de Galiza».

En definitiva, zanxan desde Cultura do País: «A Asemblea Nazonalista celebrouse nos dous lugares, no Lugo Salón os traballos e debates, e no Méndez a cea, os discursos de clausura e a festa».

O pasado novembro celebrouse un acto diante do hotel lucense, convocado pola Iniciativa Social Galiza pola Soberanía, que, entre outras actividades, houbo unha ofrenda floral debaixo da placa que lembra a cita de 1918. O BNG tamén ten feito actos diante do Méndez.

O xornal La Idea Moderna: diario democrático de Lugo recolle minuciosamente en que consistiron as dúas xornadas da asamblea nacionalista. Deixa ben claro que arrincou ás catro da tarde no «lindo Lugo Salón», baixo a presidencia de Antón Losada Diéguez. Unha vez constituida a asamblea, abríronse as portas a un mitin público. «Abren las puertas del teatro llenándose prontamente el local, viéndose ocupado por distinguidas personas». Presidiu o mitin o Banet Fontenla, como presidente da Irmandade da Fala de Monforte, a máis antiga da provincia.

O primeiro que comezou foi Risco, e tomaron a palabra, como sinala La Idea Moderna, Sánchez Taíz (un mozo galeguista de Monforte), Noguerol, Jaime Quintanilla e Lois Peña Novo, quen foi o máis claro nas súas palabras, como recolleu o xornal: «Los gallegos, dijo, queremos gobernarnos nosotros, no queremos depender de los antojos de la trinidad llamada García Prieto, Romanones y Alba».

Ao rematar o mitin, volvéronse a pechar as portas e comezaron os debates internos, ata a madrugada. Ao día seguinte rematou a asamblea. Enviaron un telegrama ao consello de ministros onde daban conta dos acordos e onde pedía unha «autonomía integral para Galicia» e instaban ao alcalde de Lugo -naquel intre Ángel López Pérez- a que se sumase aos concellos que pedía a autonomía, como Ferro e A Coruña. Logo foi a citada cea no Méndez e a partida no tren correo cara A Coruña e no mixto, cara Ourense-.

 

Texto recogido de la Voz de Galicia 
LUGO / la voz  20 de enero de 2014
Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s